xoves, 7 de maio de 2020

7 maio 2020


Agora que xa podemos contar cos libros e libretas que faltaban, imos facer tarefas con este apoio, polo que vos deixo aquí o que podedes ir realizando:

MATEMÁTICAS:  AS PÁXINAS 97 E 98.

LINGUA CASTELÁ: LER A LECTURA DO TEMA 9 E FACER PÁXINAS 144 E 145.

LINGUA GALEGA: LER A LECTURA DO TEMA 9 E FACER PÁXINAS 144 E 145.

Recordade que as lecturas ten que lerse varias veces para poder facer ben as actividades. Non tedes que acabar todo enseguida; é mellor tardar un pouco máis e que o resultado sexa mellor. Non vale de nada ter todo feito se non nos quedou claro ou o fixemos regular. Calquera dúbida que vos xurda durante a realización das tarefas, consultádema por medio do correo electrónico.

Un abrazo 🙌


Ningún comentario:

Publicar un comentario